Lugo acolle o XVIII Rali Cidade de Lugo de motocicletas e automóbiles históricos

A cidade de Lugo converterase de novo no escenario dunha das citas máis destacadas para os amantes do motor clásico coa celebración do XVIII Rali Cidade de Lugo de motocicletas e automóbiles históricos, organizado pola Asociación Lucense de Automóbiles Antigos, coa colaboración dos concellos de Lugo, Guntín e Friol.
O programa arrinca o sábado 13 de setembro, coa apertura do parque pechado, a proba de regularidade histórica e unha cea de confraternidade que rematará coa entrega de trofeos.
Xa o domingo 14, a xornada comezará cun almorzo e xuntanza de participantes, seguida dun percorrido polas rúas da cidade.
Ademais, no Vello Cárcere terá lugar a conferencia titulada Os automóbiles fabricados en Lugo. A programación complétase cun xantar colectivo e a entrega de agasallos aos asistentes.