Lugo acolle os actos organizados polo Colexio de Odontólogos e Estomatólogos

LugoXa
O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, destacou a importancia do labor dos odontólogos na saúde e no benestar da sociedade
Colexio-de-Odontólogos-e-Estomatólogos-en-Lugo
2 Feb 2025

Lugo foi o escenario dos actos organizados polo Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos de Lugo en homenaxe á súa patroa, Santa Apolonia.

Durante a xornada, o delegado territorial da Xunta en Lugo participou na entrega das distincións do Colexio a distintos profesionais, destacando o papel fundamental dos odontólogos e estomatólogos no coidado da saúde bucodental da poboación.

Na súa intervención, a autoridade autonómica puxo en valor o servizo esencial que prestan estes profesionais, subliñando que “en Galicia temos que estar orgullosos, xa que contamos cun dos programas públicos máis completos do país en materia de saúde bucodental”.

Este programa, desenvolvido polo Sergas en Atención Primaria, ofrece prestacións para a poboación xeral e inclúde atención específica para nenos e nenas de 0 a 14 anos, mulleres embarazadas, persoas con diversidade funcional e pacientes con risco de cancro oral.

Ademais, destacou o traballo de divulgación do Colexio de Odontólogos e Estomatólogos de Lugo, especialmente no que atinxe á concienciación dos máis pequenos sobre a importancia dos bos hábitos de hixiene oral.

Neste contexto, mencionou o programa de Almorzos Saudables, que comezou a pasada semana no CEIP Laverde Ruiz de Outeiro de Rei. Esta iniciativa busca fomentar bos hábitos alimentarios entre a infancia e conta coa participación de profesionais do Colexio de Odontólogos, que imparten charlas informativas sobre coidados bucodentais.

Pola súa parte, o deputado de Medio Ambiente, Carlos López, destacou a importancia do labor dos odontólogos na saúde e no benestar da sociedade. Tamén subliñou o compromiso da Deputación cos colectivos e colexios profesionais.

0.16677904129028