Lugo acolle un curso sobre benestar animal no transporte
Lugo acolle un curso sobre o benestar animal no transporte a partir do vindeiro venres 18 de novembro en horario de 16.00 a 21.00 horas no edificio administrativo da Xunta en Lugo. A duración total do curso será de 20 horas lectivas repartidas en catro días.
Así, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2022, a Axencia Galega da Calidade Alimentaria pretende proporcionar aos alumnos do obradoiro a formación e capacitación necesaria en benestar durante o transporte de animais vivos.
Para iso, abordaranse aspectos técnicos e prácticos recollidos no propio Decreto da Consellería do Medio Rural polo que se regulan os cursos de formación en materia de benestar animal.
Esta iniciativa está dirixida á xuventude do medio rural galego, así como ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira. A preinscripción pode realizarse aquí cubrindo os datos necesarios e o coordinador porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolles se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 294 988, ou enviarse un correo a oscar.cacharron.mojon@xunta.gal.