Lugo acolle un encontro internacional de dirección musical con participantes de distintas partes do mundo

LugoXa
A concelleira de Cultura e o tenente alcalde deron a benvida ás persoas asistentes ao IV Lucus Music Festival, destacando a proxección cultural e turística da cidade
IV-Lucus-Music-Festival
21 Aug 2025

A concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Maite Ferreiro, e o tenente alcalde, Rubén Arroxo, recibiron ás persoas participantes no encontro de dirección musical, IV Lucus Music Festival, organizado pola área de Cultura en colaboración coa asociación Músico Crisanto. O evento, que se desenvolve durante esta semana, reúne en Lugo a unha destacada selección de músicos e músicas chegados de diferentes países.

Entre os asistentes figuran futuras directoras e directores procedentes de diversas cidades do Estado como Valencia, Oviedo, Sevilla ou Xaén. Ferreiro subliñou que esta iniciativa “supón unha gran promoción para a cidade, situando a Lugo no mapa da creación artística e transformando as súas rúas nun escenario de referencia para a formación de novas directoras e directores”.

A concelleira tamén destacou que a área de Cultura e Turismo “pretende atraer a Lugo un turismo de calidade, afastado das masificacións, apostando por unha ampla programación cultural da que poidan gozar tanto as veciñas e veciños como quen visita a cidade”. Nesa liña, engadiu que “actividades como o Lugo Music Festival axúdannos a cumprir este obxectivo, consolidando a Lugo como un referente na formación musical”.

⚙ Configurar cookies
0.18482398986816