Lugo acolle unha lectura recital de poesía no Círculo das Artes

O Salón de Columnas do Círculo das Artes de Lugo converterase este xoves 23 de outubro nun espazo para a palabra e a emoción poética coa celebración dunha lectura recital de poesía que comezará ás 19:30 horas.
O evento contará coa participación dos escritores Vicente Piñeiro, Xosé Manuel do Castro e Toño Núñez, este último pertencente ao grupo literario ConVersoS.
A actividade enmárcase dentro da programación cultural que o Círculo das Artes promove para dar visibilidade á creación literaria e fomentar o encontro entre autores e público, nun formato aberto e próximo no que os versos e as voces serán os protagonistas.