Lugo acolle unha manifestación polo Día da Clase Obreira Galega convocada pola CIG

LugoXa
Baixo o lema 'Traballo, igualdade, salarios dignos. Galiza con dereitos', a mobilización partirá ás 20.00 horas desde o Edificio Sindical
folga-limpeza-cig-lugo-2
10 Mar 2025

A cidade de Lugo será hoxe, 10 de marzo, escenario dunha manifestación convocada pola Confederación Intersindical Galega (CIG) con motivo do Día da Clase Obreira Galega, unha xornada reivindicativa en defensa dos dereitos laborais e sociais da clase traballadora.

Baixo o lema 'Traballo, igualdade, salarios dignos. Galiza con dereitos', a mobilización partirá ás 20.00 horas desde o Edificio Sindical, nun acto no que se agarda unha ampla participación para visibilizar as demandas de emprego digno, igualdade e xustiza social.

A convocatoria quere poñer en valor “a forza da nosa clase”, reivindicando o papel fundamental das traballadoras e traballadores na construción dunha Galicia máis xusta e con dereitos. A CIG lembra que esta data, con gran carga simbólica, serve para honrar a memoria das loitas obreiras e continuar avanzando cara a unhas condicións laborais máis dignas.

Desde a organización sindical fan un chamamento á cidadanía de Lugo e da comarca para que se sume a esta mobilización, que forma parte dunha serie de actos que se celebrarán por toda Galicia con motivo desta conmemoración histórica.

⚙ Configurar cookies
0.84444093704224