Lugo acolle unha nova edición de Comercio na Rúa o martes 30 de setembro

LugoXa
A iniciativa contará coa participación de preto de 80 establecementos locais que exhibirán os seus produtos na vía pública
comercio_na_rua_lugo
29 Sep 2025

O próximo martes, 30 de setembro, Lugo celebrará unha nova xornada de Comercio na Rúa, unha cita xa consolidada que se repite o último martes de cada mes. A actividade está promovida pola Federación de Comercio de Lugo en colaboración coa área de Dinamización Económica e Relacións Institucionais do Concello.

Nesta ocasión participarán preto de 80 establecementos da capital lucense adscritos á Federación, que sacarán os seus produtos á rúa e estarán identificados cunha banderola da campaña, o que facilitará a súa localización por parte dos clientes.

O obxectivo principal desta iniciativa é achegar o comercio de proximidade á cidadanía, poñendo en valor o papel do pequeno comercio e contribuíndo á dinamización do consumo local.

⚙ Configurar cookies
0.12983894348145