Lugo acolle unha xornada sobre sensibilización e prevención de malos tratos a maiores

LugoXa
Lugo acolle unha xornada sobre sensibilización e prevención de malos tratos a maiores o próximo día sete de xuño
maiores servicio de axuda no fogar1
22 May 2023

O próximo mércores 7 de xuño Lugo acolle unha xornada sobre sensibilización, difusión e prevención dos malos tratos e abusos a persoas maiores, organizada pola Unión Democrática de Pensionistas e Xubilados de España e a Asociación de Xubilados e Pensionistas de Lugo coa colaboración da Deputación de Lugo.

A xornada dará  terá lugar de 09.00 a 14.30 horas, no salón de actos da Deputación de Lugo.

Esta xornada reunirá a persoas expertas e de recoñecido prestixio para abordar desde unha perspectiva multidisciplinar as situacións dos malos tratos e abusos a persoas maiores.

Está dirixida principalmente a persoas profesionais de servizos sociais e saúde, xustiza, seguridade e comunicación, así como a estudantes destas ramas, responsables de ONG e Administracións que traballan coas Persoas Maiores e sociedade en xeral. 

Tamén está pensado para o propio colectivo de persoas maiores, persoas voluntarias e  persoas coidadoras habituais de persoas en situación de dependencia, como axentes detectores das situacións de malos tratos e abuso.

A asistencia á xornada é gratuíta ata completar aforo sendo necesaria a inscrición previa a través da seguinte ligazón. A xornada contará na sala con interpretación en Lingua de Signos.

As inscricións tamén se poden realizar na Asociación de Xubilados e Pensionistas de Lugo en horario de atención, mércores de 11.00 a 13.00 horas e xoves de 17.00 a 19.00. Para todas aquelas persoas que non podan asistir esta xornada tamén se poderá seguirse  en directo, vía streaming, a través de Internet previa inscrición gratuíta na seguinte ligazón.

Aínda que quedan personalidades e autoridades por confirmar a súa asistencia á xornada, a Confederación destaca e confirma a participación das seguintes persoas expertas.

Desde o punto de vista das forzas de seguridade, a xornada contará coa participación do delegado de Participación Cidadá da Xefatura Superior de Policía de Galicia, Rubén Darío Veiga Arias, quen dará a coñecer o traballo policial para a prevención dos malos tratos a persoas maiores en contornas urbanas. Doutra banda, Héctor Méndez Fernández da Comandancia da Garda Civil de Lugo, abordará a seguridade das persoas maiores, no ámbito rural.

A xornada tamén contará coa participación da Educadora Social e Psicopedagoga, Lucía Chaves García, do Centro de Desenvolvemento Rural (CDR) Portas Abertas, para falar sobre a prevención dos malos tratos a través da perspectiva comunitaria rural.

Facerse maior ten un significado diferente para mulleres e homes. A confluencia do factor idade co factor xénero, e os prexuízos cara á muller causantes da desigualdade, fai que as mulleres maiores convértanse nun grupo con alto risco de sufrir algún tipo de malos tratos, diso, falará Verónica Marcos Lanzo, presidenta da Federación de Asociacións de Mulleres Rurais, FADEMUR/FADEMUR-Galicia.

A xornada tamén dará a coñecer a experiencia de organizacións e institucións de Galicia no ámbito da actuación e prevención dos malos tratos a Persoas Maiores e cuxas experiencias e iniciativas postas en marcha promoven o bo trato cara ás persoas maiores na provincia de Lugo. Dese xeito, contarase coa presenza e participación de Sonia Fraga Seara de Cruz Vermella Provincial de Lugo; Miguel Ángel Vázquez Vázquez, médico especialista en Xeriatría e Director de CALIGERS, Servizos Socio sanitarios; E Susana Seoane Veiras, Confederación Galega de Persoas con discapacidade - COGAMI.

Todo iso, baixo a perspectiva de xénero, a diversidade e a defensa dos dereitos das Persoas Maiores.

Invitación _Ljornada_7junio_Lugo 1

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.076964855194092