Lugo acolle unhas xornadas de ocio de carácter intercultural e interxeracional

LugoXa
O Concello de Lugo organiza xornadas de ocio de carácter intercultural e interxeracional entre as familias lucenses
Encontros_INTER_Cartel_+XTI portada
25 Feb 2023

Cine, música, xogos, comidas, son algunhas das actividades de ocio familiar que se ofrecerá os domingos para pais, nais e adolescentes a través do programa da concellería de Xuventude, +Xti 2023.

O obxectivo é “mellorar as relacións familiares, a empatía, o autocoñecemento e o respecto polos demais para así fomentar relacións de comunicación familiar positivas, saudables e de confianza”, sostén o concelleiro Mauricio Repetto, que apunta que “é unha ferramenta importante para evitar ou previr consumos de tipo aditivo”.

Estes encontros que comezan no mes de marzo, terán lugar no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, os domingos 12 de marzo, 2 de abril e 30 de abril, das 16.30 h. ás 20.00 horas, e no Centro de Convivencia A Milagrosa o domingo, 21 de maio, das 16.30 h. ás 20.00 horas e o 18 de xuño das 12.30 h. ás 18.30 horas.

Para poder participar na actividade é necesario inscribirse a través do enderezo: contacto@educandonos.es  a partir do 24 de febreiro habendo 30 prazas – unha por familia (pais, nais acompañados dos seus fillos/as) - cada domingo. O prazo para anotarse xa está aberto.

Durante os catro meses de duración do proxecto os destinatarios da actividade poderán gozar de debates, cine, xogos tradicionais, música, comidas, xuntanzas, ioga, pasapalabra, mindfulness, karaoke, dinámicas de grupo, ao tempo que recibirán información sobre a prevención e contarán cunha asesoría adicada a resolver calquera problemática ou dúbida dentro do entorno familiar relacionada ca prevención de adiccións.

O servizo estará coordinado por unha educadora experta en intervención familiar mediante o cal se poderán comunicar por whatsapp ou correo eléctronico en calquera momento de calquer día.

Todas as familias participantes nestes encontros terán ademáis dereito gratuito á asesoría psicoeducativa durante cinco meses, todos os xoves entre as 16.00 e as 20.00 h, dende o 9 de marzo ata o 27 de xullo.

O programa +Xti 2023 está subvencionado polo Plan Nacional sobre Drogas adscrito á concellería de Xuventude.

Encontros_INTER_Cartel_+XTI
0.20583391189575