Lugo acollerá 8 actividades arredor do xadrez dende marzo ata setembro

LugoXa
Lugo acogerá ocho actividades a lo largo de los meses de marzo a septiembre alrededor del ajedrez. Dirigido a niños y adultos.
Xaquedrum 2
28 Feb 2022

O Goberno de Lugo colabora coa asociación cultural Xaquedrum nun novo programa educativo baseado no xadrez. Baixo o nome “Xadrez para todas”, realizarase un amplo programa orientado ás e aos escolares e a toda a veciñanza de Lugo, co obxectivo de “espertar a curiosidade e o interese polo xadrez, achegando ás familias sobre as vantaxes que a súa práctica representa sobre a dimensión educativa”, explicou Felipe Rivas.

En total, desenvolveranse 8 actividades en distintas zonas da cidade, entre o 6 de marzo e o 30 de setembro. As actividades comezan co Torneo de Xadrez Escolar de Entroido, que terá lugar o vindeiro 6 de marzo no soto da Praza de Abastos.

Felipe Rivas destacou “o grande interese que está a achegar o xadrez na poboación”, e engadiu “a práctica do xadrez supón un magnífico instrumento para adquirir unha maior axilidade mental e unha serie de habilidades sociais tales como a capacidade de concentración e de síntese, ademais de mellorar a memoria, o cálculo, a toma de decisións ou a creatividade”.

ACTIVIDADES XADREZ PARA TODAS

A primeira actividade será o Torneo de xadrez escolar de Entroido o día 6 de marzo no Soto da Praza de Abastos. Este torneo de xadrez está aberto a todos os lucenses. Dividirase por categorías segundo o nivel deportivo e por idades.

O ciclo de actividades continuará o 3 de abril co Torneo de Xadrez escolar de Semana Santa que terá lugar no Soto da Praza de Abastos.

A praza maior será o escenario do Torneo de Xadrez escolar Festa Final o 17 de maio, mentres que o 18 de decembro acollerá o Torneo de Xadrez escolar Nadal.

Xaque nas aulas é a actividade que se desenvolverá nas escolas de infantil e nos colexios públicos de Lugo dende o mes de marzo ata decembro. Este programa achega o xadrez ás aulas infantil e primaria para formar, durante tres sesións, aos alumnos de 5º,6º de infantil e 1º de Primaria na práctica do xadrez, tendo en conta dos indubidables efectos positivos que esta disciplina ten para os estudantes, tanto a nivel persoal como intelectual.

O xadrez xigante da praza maior será o taboleiro da actividade Xadrez Xigante e baúl viaxeiro do luns ao venres dende o 2 ao 22 de xuño. Nesta actividade ofreceranse clases de xadrez, xadrez convencional e biblioteca itinerante para os máis pequenos.

Outra das actividades que acollerá a cidade de Lugo é a Viaxe pola historia do Xadrez na praza do Castiñeiro de luns a venres do 1 ao 15 de xullo.

Para rematar o ciclo, no mes de setembro levarase a cabo a Volta ao Cole Divertido na praza Maior. A actividade terá lugar de luns a venres do 1 ao 30 de setembro.

0.19486308097839