Lugo acollerá a Copa do Rei na categoría xuvenil do 13 ao 16 de abril

LugoXa
El Anxo Carro con el CD Lugo como anfitrión, acogerá entre los días 13 y 16 de abril el torneo de fútbol Copa del Rey juvenil.
Foto de grupo
7 Apr 2022

O Pazo de San Marcos acolleu o sorteo da final a catro da Copa do Rei na categoría xuvenil, que se celebrará do 13 ao 16 de abril en Lugo, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación. Real Betis-Real Madrid e RCD Espanyol-Real Celta de Vigo serán as semifinais do torneo, que se disputará no Anxo Carro, co CD Lugo como anfitrión.

O deputado de Deportes Efrén Castro, que participou no sorteo, deu conta da colaboración “da Vicepresidencia da Deputación para que se celebre na cidade de Lugo a fase final da Copa do Rei cun equipo galego como o RC Celta de Vigo entre os participantes” e explicou que “pretendemos que sexa unha festa do fútbol base e que todas as nenas e nenos de clubs lucenses ou que gusten do deporte teñan facilidades para desfrutar do fútbol no campo durante estes días de torneo”, aproveitando a ocasión para poñer en valor o traballo que as entidades deportivas de base da provincia realizan no día a día.

No acto, que se retransmitiu en directo a través da web da Federación Española de Fútbol (https://youtu.be/dh7Kxflsj80) tamén participaron o seleccionador sub21 da Federación Española de Fútbol Luis de la Fuente, o presidente da Federación Galega de Fútbol Rafael Louzán, o presidente do CD Lugo Tino Saqués, e o concelleiro de Deportes do Concello de Lugo, Mauricio Repetto.

0.18008303642273