Lugo acollerá en setembro o II Foro da la de Galicia organizado por OVICA

LugoXa
O encontro terá lugar os días 13 e 14 con exposicións, documentais, debate e actividades culturais
cartel-inicial-Foro-da-La
1 Sep 2025

A Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (OVICA) organiza o II Foro da la de Galicia, unha iniciativa que busca dar visibilidade á situación actual da la das ovellas e destacar tanto os seus usos tradicionais como as aplicacións máis innovadoras.

O evento celebrarase no soto da Praza de Abastos de Lugo o 13 e 14 de setembro, cun horario de 11 a 20 horas o sábado e de 11 a 14 horas o domingo.

Durante a fin de semana o público poderá visitar exposicións e postos de venda arredor do mundo da la, asistir á proxección de documentais relacionados coa gandaría e participar nunha mesa redonda sobre a viabilidade de instalar un lavadoiro de la en Galicia. Ademais, o foro incluirá propostas musicais e narración oral para animar a xornada.

OVICA leva anos traballando neste eido a través de diferentes liñas, como o contacto con cooperativas e lavadeiros fóra de Galicia, iniciativas de investigación que exploran novos usos da la e a creación dun grupo de traballo a nivel galego.

A entidade subliña que a sensibilización da cidadanía é un dos piares do proxecto, xa que considera fundamental que a la sexa recoñecida como a materia prima de gran valor que realmente é.

⚙ Configurar cookies
0.14469790458679