Lugo acollerá en setembro o 'Urban Tour 2.0'
En setembro celebrarase a iniciativa Urban Tour 2.0 organizada pola área de Xuventude e que será “un encontro xuvenil relacionado coa música urbana e as batallas de galos, no que se visibilizará o esforzo, arte e creatividade que se esconde detrás desta disciplina artística”, explicou o edil Jorge Bustos.
A iniciativa contará con dúas vertentes: unha formativa, a través de 4 obradorios con un mínimo de 10 participantes por grupo, impartidos por profesionais con experiencia acreditada.
Estes obradoiros desenvolveranse o domingo 10 de setembro de 16.00 a 20.00 horas; e contarán cunha parte práctica, que consistirá nunha batalla de galos con 32 participantes, o día previo, sábado 9 de setembro.
Esta parte contará coa participación do artista lucense LE33 como speaker, cun DJ experimentado neste tipo de eventos, un xurado formado por 3 membros e 32 participantes (8 por invitación directa seleccionados polos seus méritos a nivel nacional, 8 seleccionados por votación popular e 16 seleccionados a través dun cásting).
As inscricións para participar abrirán o vindeiro mércores 19 de xullo a través da seguinte páxina web . A actividade será de balde para todos/as os/as asistentes.