Lugo acollerá o Campionato de España de Voleibol Júnior Feminino

Vén de ser presentado o Campionato de España de Voleibol Júnior Feminino, que terá lugar en Lugo entre os días 16 e 18 de maio en Lugo.
A competición contará co respaldo da Vicepresidencia da Deputación de Lugo a través da área de Deportes, polo que Efrén Castro destacou que este apoio se enmarca na colaboración co Club Voleibol Emevé, ao que definiu como "un dos clubs que abandeira o deporte feminino en Lugo e na provincia".
Tamén salientou a importancia de acoller este tipo de eventos deportivos como unha oportunidade para "visibilizar, tamén de cara ao resto do Estado, a fortaleza do deporte lucense".