Lugo acollerá o I Mercado de Perséfone, para dar visibilidade ás mulleres emprendedoras

LugoXa
A feira terá lugar na Praza da Soidade acollerá os días 28 e 29 de setembro de 10 horas a 20 horas
mercado-persefone
13 Sep 2024

A concelleira de Participación, Cristina López, xunto á presidenta da Asociación de Empresarias da Provincia de Lugo, Anjhara Gómez Rodríguez, vén de presentar o I Mercado de Perséfone que se celebrará os días 28 e 29 de setembro na Praza da Soidade de Lugo, en horario de 10 a 20 horas.

“Trátase dun evento único destinado a fomentar a visibilidade e o crecemento das mulleres emprendedoras en diversos sectores, que expoñerán os seus produtos e servizos nunha contorna dinámica e colaborativa”, explica a concelleira de Participación.

Un escaparate de talento feminino que chegará a Lugo para consolidarse como un espazo de referencia para mulleres referentes nos seus sectores e onde, indica López, “as persoas asistentes poderán descubrir unha ampla gama de iniciativas innovadoras, todas impulsadas por mulleres comprometidas co desenvolvemento económico e social de Lugo”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18526005744934