Lugo acollerá o III Campionato de Futbolín Maestros del Norte

LugoXa
Burela acollerá o I Campus Mixto FutbolinLugo, que se desenvolverá do 17 ao 21 de xullo no campo da Marosa .
III Campionato de Futbolín Maestros del Norte Lugo 2024
27 Xan 2024

O tenente alcalde, Rubén Arroxo, acompañado pola concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López e o vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, presentaron, xunto con integrantes da Asociación Lucense de Futbolín a terceira edición do torneo Maestros del Norte, que se celebrará na fin de semana do 3 e 4 de febreiro no soto da Praza de Abastos. A concelleira de Participación, Cristina López, afirmou que "con esta cita buscamos repetir o éxito do torneo celebrado no verán, ao mesmo tempo que continuamos a aumentar a oferta de actividades na Praza e do Mercado, achegando unha nova oferta de ocio".

O torneo achegará a Lugo a un gran número de xogadores de futbolín, dado que se trata dun dos torneos máis importantes a nivel estatal, e que este ano como novidade será puntuable para o circuíto mundial da ITSF, “convertendo a Lugo na capital mundial do futbolín”, afirmou Cristina López.

A Asociación Lucense de Futbolín foi creada en 2018 co fin de promover e dar visibilidade a este deporte, fomentando a práctica do xogo inventado por Alexandre de Fisterra.

A ITSF (Federación Internacional de Futbolín), é a responsábel de regular as normas deste xogo a nivel internacional. O torneo Maestros del Norte formará parte da categoría ITSF 250, a mesma que o Master de Rábade ou as Swiss Tablesoccer Series celebradas a pasada semana en Rothemburg, Suíza.

0.19715094566345