Lugo acollerá os XXVIII Campionatos Universitarios Xunta de Galicia de deportes colectivos

A Universidade de Santiago de Compostela celebrará no Campus de Lugo os días 10 e 11 de marzo os XXVIII Campionatos Universitarios Xunta de Galicia de Deportes Colectivos, unha iniciativa impulsada polo Goberno galego.
As competicións prevén reunir a máis de 500 persoas procedentes das tres universidades galegas e desenvolveranse nas modalidades de fútbol, voleibol, balonmán, fútbol sala, rugby e baloncesto, en distintas instalacións deportivas da cidade. O torneo seguirá un formato de liga entre tres equipos a unha única volta, garantindo que todas as escuadras poidan competir entre si.
O programa foi presentado na Casa do Saber nun acto que contou coa participación de Francisco Javier Vázquez Nodal, director territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes na provincia.