Lugo acollerá unha das concentracións agrarias convocadas polo SLG

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A gandeira e Vicerresponsábel do Sector Leiteiro no Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL), Ana Rodríguez, presentou na Coruña, canda representantes da Asociación Agraria de Galicia (Asaga) e Unións Agrarias (UUAA), a táboa conxunta de reivindicacións e o calendario de mobilizacións que terán lugar o vindeiro martes 20 de febreiro en múltiples puntos da xeografía galega, unha delas en Lugo.
mobilizacions agrarias lugo2
17 Feb 2024

Posteriormente, as representantes das organizacións agrarias mantiveron unha xuntanza co Delegado do Goberno, Pedro Blanco, na que debullaron polo miúdo as reivindicacións que motivan estas mobilizacións.

Dende o Sindicato Labrego Galego, Ana Rodríguez fixo fincapé na falta de adecuación á Galiza das políticas agrarias desenvolvidas polo propio Ministerio de Agricultura, e de xeito diferenciado nas establecidas para o desenvolvemento da Política Agraria Común (PAC). O delegado expresou o seu acordo con esta análise, manifestando o seu apoio a tentar adecuar estas medidas á realidade galega.

0.22162485122681