Lugo acollerá unha nova xornada de Comercio na Rúa
LugoXa
A iniciativa está organizada pola Federación de Comercio de Lugo en colaboración coa área de Dinamización Económica e Relacións Institucionais do Concello de Lugo
26 Out 2024
O vindeiro martes, 29 de outubro, terá lugar unha nova xornada de Comercio na Rúa, unha iniciativa de continuidade, que se desenvolve o último martes de cada mes, organizada pola Federación de Comercio de Lugo en colaboración coa área de Dinamización Económica e Relacións Institucionais do Concello de Lugo.
Nela, participan máis de 70 establecementos da capital lucense adheridos á Federación, que poden sacar os produtos á rúa nesta xornada e estarán debidamente identificados cunha banderola da campaña, polo que serán perfectamente visibles para os clientes.
O obxectivo de Comercio na Rúa é achegar o comercio local ao consumidor, poñendo en valor o sector e dinamizando o consumo.