Lugo acollerá unha ruta solidaria en favor de Alume

Lugo será o escenario dunha ruta solidaria en favor da asociación Alume, organizada pola Garda Civil e a Asociación de Amigos do Camiño, coa colaboración da Xunta de Galicia. O percorrido desenvolverase nun treito de 10 quilómetros do Camiño Primitivo, entre Bascuas e o centro da cidade.
Na presentación da actividade participaron o delegado territorial, Javier Arias; o presidente da asociación xacobea, Ángel Trabada; o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil de Lugo, Luis Germán Avilés, e o presidente de Alume, Manuel Fernández, entre outros.
Os participantes reuniránse ás 9:00 horas na praza de Bretaña, desde onde se desprazarán en autobús ata o punto de inicio. As inscricións poderán realizarse mediante un ingreso de 10 euros na conta bancaria da asociación. Tamén será posible colaborar adquirindo un “Dorsal 0” por 7 euros, sen necesidade de participar no percorrido.
Os organizadores lembraron que esta iniciativa solidaria celebrouse por primeira vez o ano pasado, logrando recadar 4.000 euros para a asociación ASPNAIS, e buscan repetir o éxito nesta nova edición a beneficio de Alume.