Lugo acollerá unha sesión formativa de adestradores de fútbol

LugoXa
A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acollerá o vindeiro 22 de xaneiro a III Xornada de Actualización e Reciclaxe para adestradores de fútbol, organizada pola Real Federación Galega de Fútbol (RFGF).
xornada adestradores lugo
15 Jan 2024

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acollerá o vindeiro 22 de xaneiro a III Xornada de Actualización e Reciclaxe para adestradores de fútbol, organizada pola Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). Desenvolverase de 17,00 a 22,00 horas no salón de actos.

O delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias, reuniuse co delegado da RFGF en Lugo, Manuel Castro Núñez; e co adestrador do CF Ribadeo e membro do Comité Galego de Adestradores da RFGF, Daniel Moirón, para abordar os detalles deste encontro.

Está previsto que interveñan como relatores os adestradores Paco López -ex do Granada CF ou do Levante UD- e José Gomes – con traxectoria na SD Ponferradina, Río Ave, Chaves ou UD Almería -. Tamén estarán Karim Hamidi, coordinador adxunto na etapa formativa do Villarreal CF; e Joaquín Dosil, psicólogo deportivo.

0.16612696647644