Lugo acolleu a asemblea anual da Asociación Galega de Hemofilia (AGADHEMO)

Lugo acolleu a asemblea anual da Asociación Galega de Hemofilia (AGADHEMO), na que o deputado Pablo Rivera Capón destacou o compromiso da institución provincial co benestar das persoas e sinalou que máis dun terzo do orzamento provincial se destina a políticas sociais, "un investimento decidido nas persoas, na igualdade e na dignidade".
Subliñou tamén o traballo “serio, humano e fundamental” que desenvolve AGADHEMO, e reafirmou o apoio da Deputación a iniciativas que contribúan a mellorar a calidade de vida das persoas que sofren coagulopatías.
A institución provincial colabora coa entidade no desenvolvemento dun programa de atención, información e formación dirixido a persoas con coagulopatías conxénitas cunha achega de 5.000 euros.