Lugo acolleu a Cea Benéfica da Asociación Española Contra o Cancro

LugoXa
María Luz Abella, presidenta da Asociación Española Contra o Cancro en Lugo, agradeceu a asistencia e o recoñecemento por tantos anos exercendo o seu mandato na Asociación
gala-benéfica-da-Asociación-Española-Contra-o-Cancro-Lugo
25 Nov 2024

Lugo acolleu a Cea Benéfica da Asociación Española Contra o Cancro na que se despediu á presidenta da Asociación na provincia de Lugo, María Luz Abella, e o seu Consello Provincial.

Na cea contouse coa presenza de institucións, empresas, asociacións, socios, voluntarios e sociedade lucense; que quixeron acompañarnos neste día tan especial e importante para a Xunta Provincial de Lugo.

Esta gala comezou cun emotivo vídeo co que se pretendeu reflectir o agradecemento para a presidenta e o seu Consello Provincial, por parte das institucións e delegadas da Asociación na provincia de Lugo.

Esta proxección reflectiu a pegada tan grande que deixan, e o gran labor que fixeron na Asociación Española Contra o Cancro en Lugo. Ademais, estivo Manuel Aguilar López, vicepresidente territorial da Asociación Española Contra o Cancro a nivel nacional.

María Luz Abella, presidenta da Asociación Española Contra o Cancro en Lugo, agradeceu a asistencia e o recoñecemento por tantos anos exercendo o seu mandato na Asociación. Unha vez finalizada a cea, deu comezo a entrega de agasallos.

"Agradecemos a todas as persoas que realizaron a súa achega coa mesa cero, xa que non puideron asistir á Cea Benéfica, pero quixeron estar presentes dalgunha forma co seu donativo á Asociación Española Contra o Cancro en Lugo. Grazas a Marta Vales por aceptar o reto de presentar este evento, e ás persoas que nos axudaron durante a noite", dixeron desde a asociación.

O recadado nesta cea axudará a mellorar a vida das persoas con cancro e as súas familias, e a impulsar a investigación oncolóxica para conseguir un 70 % de supervivencia no ano 2030.

Pola súa parte, o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, en representación do presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, que se sumou ao vídeo conmemorativo que se proxectou nesta gala e agradeceu en nome da Deputación de Lugo “o seu extraordinario labor” neste eido.

0.1766881942749