Lugo acolleu a Gala Solidaria de Auxilia para apoiar a inclusión de persoas con diversidade funcional

LugoXa
O deputado Carlos López destacou a importancia de implicar á sociedade en iniciativas que fomenten a igualdade e o respecto á diversidade
Gala-Auxilia-Lugo
13 Sep 2025

O Auditorio Gustavo Freire de Lugo foi o escenario da Gala Solidaria organizada por Auxilia Lugo, coa finalidade de recadar fondos a favor da inclusión das persoas con diversidade funcional. Numerosas persoas acudiron ao evento, que contou con actuacións do cantautor Adrián Vigo, do grupo tradicional Airiños de Orbazai e da banda de música celta Milesios.

A concelleira de Cohesión Social do Concello de Lugo, Olga López Racamonde, estivo presente entre outras autoridades, apoiando a iniciativa.

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, puxo en valor o esforzo de Auxilia Lugo por organizar unha gala que “ademais do carácter solidario, é un escaparate perfecto para promover a plena integración das persoas con discapacidade”. Subliñou tamén a importancia de que “a sociedade se implique activamente neste tipo de iniciativas que fomentan a igualdade de oportunidades e o respecto á diversidade en todos os ámbitos da vida”.

López lembrou ademais a colaboración da Deputación con Auxilia Lugo e a delegación de Monforte de Lemos no desenvolvemento de programas como o de “promoción da autonomía persoal no domicilio rural”, destinado a mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade física residentes en concellos rurais da provincia.

⚙ Configurar cookies
0.10416007041931