Lugo acolleu a V Xornada Galega de Actualización en Enfermería do Traballo

LugoXa
A xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) puxo en valor o labor da Asociación de especialistas en enfermaría do traballo en Galicia
Issga-Enfermeria-Traballo-Lugo
23 Nov 2024

A xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja, participou na V Xornada Galega de Actualización en Enfermería do Traballo.

No acto, aproveitou para poñer en valor o labor no eido da saúde laboral da Asociación de especialistas en enfermaría do traballo en Galicia, que organiza o evento no que se abordan aspectos como a intelixencia artificial ou os riscos psicosociais, en liña co impulsado desde o Issga a través de múltiples vías.

Nese senso, a xerente destacou o traballo da Xunta no ámbito preventivo a través do asesoramento técnico; campañas por sectores, riscos ou colectivos; accións formativas, participación en estudos de saúde laboral e en grupos de traballo para xerar coñecemento.

Tamén, afondando na investigación dos accidentes laborais e das enfermidades profesionais neste ou noutros sectores, co gallo de avanzar nun tecido empresarial que aposte pola seguridade, pola saúde e pola sustentabilidade no ámbito do traballo, unha premisa vital, dixo, que se está a promover desde o Goberno autonómico no marco da Estratexia de seguridade e saúde no traballo de Galicia horizonte 2027.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19387412071228