Lugo acolleu unha nova edición do Correlingua con centos de estudantes da provincia

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, acompañada pola Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro e polo Vicepresidente da Deputación Efrén Castro asistiron á festa do Correlingua en Lugo, que reuniu na Praza de Santa María alumnas e alumnos pertencentes a distintos centros educativos das comarcas do centro de Lugo. O acto contou coa presencia de integrantes da corporación municipal, incluíndo ao grupo da oposición.
Rubén Arroxo, Tenente Alcalde do Concello, trasladou á rapazada “a importancia do seu compromiso co uso do galego e animounos a seguir falando unha lingua que nos permite entendernos con millóns de persoas en todo o mundo” e agradeceu “a colaboración do profesorado para celebrar esta gran festa da lingua”.
A área de Cultura colabora un ano máis coa Asociación Correlingua na organización deste programa de actividades a prol da lingua, que tamén propón aos centros de ensino diferentes actividades para dinamizar o uso da lingua na comunidade educativa, como o concurso de música en galego Cantalingua.