Lugo acolleu unha sesión informativa sobre Verifactu e os novos requisitos de facturación

Máis de cincuenta personas participaron na sesión divulgativa sobre as novidades normativas en materia de Sistemas Informáticos de Facturación e sistema VERI*FACTU, posta en marcha pola organización empresarial lucense coa delegación da Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) en Lugo.
Jaime López, secretario xeral da CEL, e Olimpia López, subdelegada do Goberno en Lugo, abriron un encontro que buscaba aclarar dúbidas sobre Verifactu e informar sobre as novas posibilidades de subministro de información transaccional para PEMES e autónomos.
O secretario da CEL lembrou que a partir do 1 de xaneir de 2026 Verifactu é xa obrigatorio para as empresas (persoas xurídicas) suxeitas ao imposto de sociedades e, a partir do 1 de xullo de 2026, para os autónomos (persoas físicas), polo que resultan especialmente necesarias este tipo de sesións informativas e divulgativas”.
“Aínda existe moito descoñecemento e lóxica preocupación ante os cambios que introduce o nuevo sistema e o seu impacto no día a día da xestión das empresas”, suliñou.
A xornada contou coas aportacións técnicas de María Elena Rosendo Vázquez, delegada da AEAT en Lugo e Iván Gil Vázquez, técnico de Facenda da Delegación da AEAT en Lugo.