Lugo acolleu unha xornada sobre o novo sistema de facturación Verifactu

LugoXa
O director xeral Gabriel Alén destacou o compromiso da Xunta co pequeno comercio e a importancia da dixitalización para o sector
xornada-novo-sistema-de-facturación-Verifactu-Lugo
7 Nov 2025

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu en Lugo á xornada informativa sobre o novo sistema de facturación verificable Verifactu, organizada pola Federación Galega de Comercio e Abanca, coa colaboración da Xunta de Galicia. O encontro enmárcase no convenio entre a federación e o Goberno galego para avanzar na promoción comercial, o asesoramento, a formación e o impulso da dixitalización no comercio.

Alén puxo en valor esta primeira xornada de formación e divulgación sobre o novo sistema, que ten como obxectivo garantir a transparencia e combater a fraude fiscal. Subliñou que este tipo de accións axudan a acadar un comercio adaptado ás novas realidades e tecnoloxías, ao tempo que fortalecen a colaboración entre os distintos axentes para sumar sinerxías en beneficio do sector, no marco do Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030.

O director xeral reafirmou ademais o compromiso da Xunta co pequeno comercio galego para impulsar as vendas e responder ás necesidades da clientela, mellorando a imaxe e os equipamentos dos establecementos e consolidando un comercio de proximidade moderno, competitivo e atractivo.

⚙ Configurar cookies
0.072403907775879