Lugo ampliará o número de bombeiros
A concelleira Cristina López defendeu no Pleno a proposición do BNG ante a urxencia de medidas para rematar coa precariedade, o abuso da contratación a tempo parcial e coa temporalidade en todos os sectores. A iniciativa parte da proposta achegada pola CIG e foi aprobada co apoio de BNG e PSOE, e coa abstención do PP.
Deste xeito, cómpre facer realidade un piar básico do Marco Galego de Relacións Laborais e poder exercer o dereito a decidir e negociar en Galiza as nosas propias condicións de traballo, polo que “se reclamará Goberno galego á urxente aprobación dun Plan galego de recuperación económica, industrialización, creación de emprego digno e servizos públicos na nosa terra”, insistiu a concelleira.
Cristina López tamén demandou ao Goberno español a derrogación da reforma laboral de 2012 e aprobar un cambio radical na reforma de 2021 para a creación de emprego digno e con dereitos e aprobación dunha nova lexislación laboral e social que restitúa os dereitos perdidos.
En canto ás propostas populares, houbo unanimidade da corporación para que a Xunta incoe o expediente para declarar a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia con Ben de Interese Cultural Cultural (BIC) para a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia, que suma un século de historia como un patrimonio inmaterial fundamental na nosa tradición.
E tamén se ampliará o cadro de persoal do servizo de bombeiros. Pola contra, non saíu a diante a iniciativa de impulsar unha ordenanza de convivencia. Para o PP o voto en contra do PSOE e do BNG para unir os parques do Miño e do Rato recolle a “mala xestión e da dobre cara deste Goberno local. Defenden un modelo sostible e ecolóxico pero son incapaces de resolver un problema histórico de Lugo: pechar o cinto verde de Lugo”. Lamentan tamén que “se neguen a recoñecer a necesidade de impulsar un plan integral para mellorar o mantemento do Paseo do Miño que presentan nalgúns puntos un importante deterioro”.