Lugo axiliza o acceso ás prestacións para persoas en situación de dependencia ou discapacidade

LugoXa
A Consellería de Política Social e Xuventude implanta dous novos órganos de valoración en Lugo que contribuirán a axilizar os procesos de acceso ás prestacións sociais para persoas en situación de dependencia ou discapacidade.
organoz_valoracion_xunta_lugo
21 Mar 2024

A Consellería de Política Social e Xuventude implanta dous novos órganos de valoración en Lugo que contribuirán a axilizar os procesos de acceso ás prestacións sociais para persoas en situación de dependencia ou discapacidade. Supón un incremento de recursos e persoal e unha descentralización dos servizos que se veñen prestando no Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da rúa Serra de Ancares, onde continuarán traballando outros sete órganos de valoración.

Os novos servizos estarán situados no complexo Lug II, nunhas instalacións que foron acondicionadas para este fin; o primeiro deles comeza a funcionar hoxe mesmo e o segundo farao nos vindeiros días, e poderase solicitar cita presencial a partir do vindeiro 2 de abril. Cada un está integrado por un médico, un traballador social e un psicólogo, e tamén contarán con persoal administrativo.

Deste xeito, Lugo disporá en total de cinco órganos de valoración para persoas con discapacidade e catro para persoas con dependencia, encargados de emitir os ditames proposta do grao e nivel de dependencia e do plan individual de atención axustado a cada usuario. Esta medida vén a sumarse a outras melloras incluídas no novo Decreto de Dependencia, aprobado o pasado mes de setembro polo Consello da Xunta de Galicia, para reducir a documentación necesaria e os tempos de espera na atención.

Ademais, Galicia é a primeira comunidade que crea axudas universais para todas as persoas en situación de dependencia, coa implantación dun bono de 5.000 euros ao ano para as que reciben coidados nos seus fogares e tamén o impulso dun complemento universal de 1.200 euros ao ano para todas aquelas que xa teñen o Bono residencia.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16622519493103