Lugo, capital do graffiti coa terceira edición do Urban Cores

LugoXa
O evento ten como obxectivo rematar o proxecto de arte iniciado xa nunha anterior convocatoria no barrio das Casas Sindicais, e que en esta ocasión correrá a cargo do artista guineano Eusebio Nsue
paula_alvarellos_visita_manuel_pallin
A alcaldesa con Manuel Pallín
23 May 2024

A cidade de Lugo volverá converterse en referente do arte urbano e en capital do graffiti e dos murais ao aire libre, grazas á celebración da terceira edición do Urban Cores, un evento que terá lugar do 27 de maio ao 2 de xuño e que, neste ano, ten como obxectivo rematar o proxecto de arte iniciado xa nunha anterior convocatoria no barrio das Casas Sindicais, e que en esta ocasión correrá a cargo do artista guineano Eusebio Nsue.

En concreto está previsto pechar as intervencións artísticas nesta localización cunha obra final na fachada situada entre as rúas Portugal e Quiroga. Para levar a cabo estas actuacións é crucial ademais do bo facer dos artistas o apoio da veciñanza do edificio no que se vai intervir. Neste sentido, o edil de Xuventude, Jorge Bustos, destaca “o apoio total a esta intervención dos veciños e veciñas deste inmoble. De feito, desde o Concello de Lugo cremos que é un proxecto que suscita moita ilusión no barrio, polo que pechar a intervención artística nesta edición vai ser un éxito”.

As dúas primeiras convocatorias deste Urban Cores serviron para poñer no mapa mundial do muralismo e do graffiti á cidade de Lugo, nuns certames que contaron coa participación de reputados creadores lucenses como Diego As, ou Manuel Pallín e Marcos Pereira, de Concepto Circo. Nesta edición, ademais dos tres citados que participarán nos talleres paralelos, tamén estará outro importante artista de sona internacional, como é o guineano Eusebio Nsue, quen ademais de intervir a fachada das Casas Sindicais, coñecerá de preto o proxecto Urban Cores e realizará un intercambio de experiencias entre artistas.

Durante o venres día 31, celebrarase un taller aberto á cidadanía sobre arte urbana e muralismo nas inmediacións da fachada na que se vai a intervir. A duración será de dúas horas, de 16:30 a 18:30, e está destinado a todas as persoas interesadas que queiran ter un primeiro contacto co graffiti e en especial á mocidade. Ademais, ofertarase este taller aos colectivos de servizos sociais que queiran participar.

Diego As e Manu Pallín serán os encargados de impartir este taller, que consistirá na realización dunha obra na caseta da luz contigua ao muro principal na rúa Portugal. Os participantes experimentarán de forma guiada con distintos materiais, pinturas e técnicas para finalmente deixar unha obra, froito da súa colaboración cos artistas participantes.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1842999458313