Lugo, capital do tango

LugoXa
A cidade acolle o XIII Festival Internacional TangoLiber, o evento organizado por Tango Club Galicia
TangoLiber
11 Xul 2024

Lugo acolle o XIII Festival Internacional TangoLiber, o evento organizado por Tango Club Galicia que se desenvolverá ata o domingo no Eurostars Gran Hotel e no Círculo das Artes. O delegado territorial, Javier Arias, participou na presentación do programa e destacou que este proxecto “reforza a imaxe de Lugo como escenario idóneo para acoller eventos de proxección internacional”, e revela os fortes lazos coa Arxentina, “a quinta provincia galega, un lugar de acollida e irmandade co que mantemos unha íntima unión”.

Conta con arredor de 200 participantes e inclúe seminarios especializados, con clases técnicas sobre o baile, encontros e veladas musicais. Os mestres serán Christian Márquez e Virginia Gómez, "Los Totis", e actuarán os DJ Ariel Yuryevic, Carmen Villafuerte, Enrique Ringa e Magín López.

0.20699906349182