Lugo celebra a chegada aos 100.000 habitantes cunha campaña promocional

LugoXa
Colocáronse unha serie de infografías en distintos puntos da cidade mostrando a transformación executada
actos-cen-mil-habitantes
Os paneis
30 Xuño 2024

A concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, Cristina López, presentaron a campaña "Xa somos 100.000" coa que desde a Tenencia de Alcaldía se celebra o fito histórico de superar a cifra de 100.000 habitantes. Cristina López afirmou que "con esta campaña poñemos o foco nun dos grandes cambios que pegou Lugo nos últimos 5 anos, a importante transformación do espazo público impulsada polas áreas da Tenencia de Alcaldía, que permitiron aumentar a calidade de vida de todas as veciñas e veciños, tanto do centro como dos barrios e zonas periurbanas".

A edil de Participación destacou "o avance de Lugo" neste período, con 15 novas rúas peonís tanto no centro da cidade como nos distintos barrios, 18.000 metros cadrados de novos espazos peonís en zonas como a Milagrosa, o Sagrado Corazón, Recatelo, Acea de Olga ou A Piringalla. A Tenencia de Alcaldía traballou tamén no calmado do tráfico, "para cumprir, desde o minuto 1, o compromiso de mellorar a seguridade no espazo público", afirmou López. A área de Mobilidade leva anos executando un plan de tráfico iniciado nas contornas escolares, o que provocou un efecto chamada en todas as zonas de Lugo, que reclamaron intervencións nas súas contornas. "Seguimos a traballar para que non haxa nin un só punto da cidade no que ser un peón sexa motivo de inseguridade", destacou.

A área de Participación colocou imaxes desta campaña en distintos tótems situados no centro da cidade, "onde a veciñanza tamén pode atopar información sobre programación cultural de Lugo, unha programación ampla e variada con actividades ao longo de todo o ano para distintos públicos e gustos".

0.13755702972412