Lugo celebra este xoves a xuntanza da Comisión Consultiva de Prazas e Mercados

LugoXa
A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou que este xoves terá lugar unha xuntanza da Comisión Consultiva de Prazas e Mercados.
praza_de_abastos
22 Feb 2024

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou que este xoves terá lugar unha xuntanza da Comisión Consultiva de Prazas e Mercados. López achegouse este mércores ás distintas instalacións para informar ás praceiras e praceiros da convocatoria, que terá o xoves 22, a partir das 20.00 horas nas instalacións do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra.

Na xuntanza abordarase o calendario de aperturas do Mercado Municipal para o ano 2024, ademais dos temas de traballo que as representantes das praceiras e praceiros queiran achegar. A comisión está formada por un total de 10 representantes, achegándose 2 por cada unha das instalacións, Praza de Abastos e Mercado Municipal, e 6 dos distintos sectores presentes. Aos 10 representantes súmanse 4 persoas do Concello, incluíndo á concelleira responsábel.

Cristina López anunciou que este mércores se aprobou, tamén, a relación de persoas vendedoras no Mercado Tradicional para o ano 2024. O mercado tradicional está formado por 131 postos, e celébrase os martes e venres de 08.30 a 14.30. No caso de que un martes ou venres sexa festivo, celebrarase o día  anterior. Os produtos que se venden neste mercado son os propios da colleita, que cumpran a normativa sobre seguridade alimentaria e contan coas autorizacións en vigor.

0.17387700080872