Lugo celebra hoxe o Domingo das Mozas
O Domingo das Mozas continúa coas tres feiras. A Feira de Olería Lugo Tradicional na praza Santa Domingo, a Feira de antigüidade e coleccionismo que estará na rúa da Raíña e poderase visitar durante todo o día e XXIX Feira do Mel que estará na praza da soidade.
Ás 11.00 terá lugar a 50ª edición do desfile do traxe galego na praza Maior e tamén continúa o San Froilán Tecedeiro no parque de Rosalía de Castro.
Ás 11.30 dará comezo a XXIV Mostra de música tradicional galega do Domingo das Mozas a cargo da Asociación de Gaiteiros Galegos. A mostra contará coas actuacións de trece grupos de música tradicional chegados dende diferentes puntos da xeografía galega e na que se poderán encontrar diferentes formacións como grupos de gaitas, pandereteiras e treboadas.
Os grupos participantes na mostra realizarán dúas actuacións, o primeiro pasacalles sairá dende a paraza da Mosqueira ás 11.30 e recorrerá o centro amurallado ata ás 13.30. A esa hora dará comezo na praza de Santa María o concerto de A Música Célebre.
Pola tarde repetiranse as actuacións de rúa a partir das 17.00 e rematarán ás 18.30 hora na que dará comezo o concerto de Cinco en Zocas na praza de Santa María.
Ás 12.00 dará comezo a ofrenda floral a Rosalía de Castro que este ano estará a cargo de Olga Novo. A esta mesma hora celébrase o VI Cultura e tradición no Camiño a cargo do grupo Traxandaina con unha demostración de elaboración de máscaras de Limia, tapices e unha exposición de colchas. Estará no Vello Cárcere ata ás 20.00.
O Domingo das Mozas conta con tres pasacalles que darán comezo ás 12.0o por diferentes zonas da cidade. O grupo Anaquiños sairá dende a Porta de Santiago para recorrer a rúa Santiago e a Calzada da Ponte. Pola avenida Adolfo Suárez e o Sagrado Corazón estará o grupo Xaora e Son de Lugh actuará na praza da Milagrosa e nas rúas Camiño Real, Mallorca e avenida da Coruña.
Os máis pequenos poderán desfrutar do espectáculo de Mircromina Títeres Raio the Loubican o longo de todo o día en tres pases ás 12.00, ás 17.00 e ás 19.00 en Campo Castelo. Tamén estará o grupo Ludiespai na carpa do San Froilán Miúdo cos seus Xogos Xl do mundo. Ás 18.30 La Familia Política estará tamén na carpa co seu espectáculo Plástico.
Os concertos tamén estará moi presentes neste Domingo das Mozas e Man de Santo actuará ás 13.00 na praza da Mosqueira. Los Revelators estarán tamén na praza da Mosqueira ás 20.00. A Orquestra Folk de Galicia SonDeSeu actuará na praza de Santa María ás 21.00, esta agrupación explora a fusión e mestura das músicas de creación colectiva con elementos contemporáneos desde unha visión orixinal. Ás 22.00 na praza Horta do Seminario estará o grupo Amparanoia que está a festexar o seu 25 aniversario e contarán con Fast Food como teloneiros ás 21.00.
Esta noite a verbena da praza Maior estará a cargo da orquestra Cinema e dará comezo ás 23.00.