Lugo celebra o 25º aniversario da Muralla con tapas especiais en doce locais da cidade

LugoXa
As tapas poderán degustarse durante o 28, 29 e 30, proporcionando unha experiencia culinaria que combina tradición, inspiración histórica e produto local
gastronomía-lucense-Muralla-Patrimonio-Lugo
26 Nov 2025

A Alcaldía de Lugo, en colaboración coa Asociación Provincial de Hostalería de Lugo (APHL), organiza unha iniciativa gastronómica para conmemorar o 25º aniversario da declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade.

Durante os días 28, 29 e 30, veciños, veciñas e visitantes poderán degustar unha tapa creada especialmente para esta efeméride en doce establecementos da cidade, unha proposta que busca levar a celebración aos espazos cotiáns e aos elementos que forman parte da identidade lucense.

As tapas poderán degustarse durante o 28, 29 e 30, proporcionando unha experiencia culinaria que combina tradición, inspiración histórica e produto local, contribuíndo a que a celebración do 25º aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade se viva tamén a través da gastronomía, un dos elementos máis recoñecidos e valorados da identidade lucense.

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, explicou que a iniciativa pretende unir dous sinais de identidade da cidade: a Muralla e a gastronomía. “Quixemos que esta celebración chegase a todos os espazos posibles da vida da cidade, e a hostalería é un sector esencial para entender o que somos. A creación dunha tapa especial serve para poñer en valor a nosa tradición culinaria e para reforzar esta conmemoración cun elemento próximo, popular e moi querido pola cidadanía”, destacou o rexedor. Engadiu que “a Muralla representa a nosa historia colectiva e a nosa memoria, e a gastronomía representa a creatividade, a hospitalidade e o talento da xente de Lugo; unir ambas expresións culturais é unha maneira de reivindicar quen somos e de celebralo con orgullo”.

O alcalde agradeceu tamén a implicación da APHL e, especialmente, dos profesionais hostaleiros que participan nesta iniciativa, cuxos locais recibirán un distintivo especial. Os establecementos participantes son Cachivaches, Glam Taoo, Gran Café, Karrusel, La Perdiz, O Postigo, Pasarela, Porta Santiago, Saxo, Taberna Daniel, Tapería O Peque e Toni Portela, que durante tres días ofrecerán unha elaboración exclusiva inspirada na Muralla.

⚙ Configurar cookies
0.06974196434021