Lugo celebra o Centenario de Ulises a través da música, a danza e a gastronomía

LugoXa
Lugo é unha das 18 cidades asociadas neste proxecto de cooperación a grande escala e que convoca outras 17 urbes europeas, entre elas as grandes capitais estatais
centenario-ulises-lugo
Maite Ferreiro, no acto da celebración do Centenario de Ulises
17 Maio 2024

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, asistiu ao inicio do último ano da celebración do Centenario de Ulises, organizado pola rede europea Ulysses European Oddisey e que coloca a Lugo no mapa da cultura a nivel europeo capitais como París, Atenas, Budapest, Berlín, Copenhage e Estambul, entre moitas outras. A primeira xornada comezou cun almorzo literario que da comezo ás 15 actividades que se celebrarán este sábado con motivo desta celebración.

Lugo é unha das 18 cidades asociadas neste proxecto de cooperación a grande escala -o primeiro no que participa a cidade da Muralla- e que convoca outras 17 urbes europeas, entre elas as grandes capitais estatais e culturais do continente, representando cada unha un capítulo desta obra mestra da literatura universal. Este proxecto está inspirado no libro Ulises, do escritor irlandés James Joyce, do cal se celebrou no ano 2022 o centenario da sua publicación por toda Europa, dando comezo a unha rolda de homenaxes por 18 cidades europeas que remata este ano.

A cidade de Lugo será o escenario do episodio VIII de Ulisses, Lestrygonians, no que Leopold Bloom para na súa longa andaina polas rúas de Dublín para comer.. A comida e o paseo son, por tanto, os protagonistas temáticos da interpretación lucense deste episódio. Neste sentido, Lugo é o escenario perfecto para a encarnación de Lestrygonians baixo o título: Pasear o vinho á volta da Muralla, tanto pola cantidade e calidade dos seus elementos culinarios, como pola diversidade e antiguidade do seu patrimonio cultural.

Tras o éxito da primeira edición en maio de 2023, Lugo, xa coñecida como destino gastronómico, acolle outro programa imperdible de fin de semana con comida, música e espectáculos, inspirado no episodio Lestrygonians do Ulises de James Joyce. Música, danza, poesía, charlas e outros actos relacionados cos deliciosos alimentos e viños que se producen en Galiza.

0.18024206161499