Lugo celebra o Día das Enfermidades Raras, 28 de febreiro, con diferentes actividades

Lugo celebra o Día das Enfermidades Raras, 28 de febreiro, con diferentes actividades, comezando cunha mesa de debate no HULA sobre a relevancia da xenética e o cribado neonatal para as persoas con enfermidades raras. Posteriormente, na Praza Maior, procedeuse á lectura do Manifesto.
Pola tarde, ás 17.30 horas, terá lugar un encontro de apoio ás enfermidades raras que incluirá unha andaina pola Muralla. A xornada concluirá cunha nova lectura do Manifesto e a actuación musical da Tambukda.
Baixo o termo de enfermidade rara inclúense, maioritariamente, enfermidades de orixe xenética. Estímase que existen entre 5.000 e 7.000 enfermidades diferentes, sen unha lista única, debido á diversidade de criterios para clasificalas.
A concelleira de Participación de Lugo, Cristina López, destacou a importancia da colaboración entre a Tenencia de Alcaldía e a FEGEREC para "dar visibilidade ás enfermidades pouco comúns que crean grandes problemas ás persoas que as sofren polas dificultades de diagnóstico e tratamento".