Lugo celebra unha nova edición de Comercio na Rúa o martes 26 de agosto

LugoXa
Preto de 80 establecementos da cidade saen á rúa para dinamizar o comercio local e achegar produtos aos clientes
comercio_na_rua_lugo
23 Aug 2025

O vindeiro martes, 26 de agosto, terá lugar en Lugo unha nova xornada de Comercio na Rúa, iniciativa que se celebra o último martes de cada mes.

Organizada pola Federación de Comercio de Lugo en colaboración coa área de Dinamización Económica e Relacións Institucionais do Concello, esta actividade permite que os establecementos participantes leven os seus produtos á rúa.

Case 80 comercios da capital lucense adheridos á Federación estarán identificados cunha banderola da campaña, facilitando que os clientes recoñezan os locais participantes.

O obxectivo principal de Comercio na Rúa é achegar o comercio local á veciñanza, poñer en valor o sector e incentivar o consumo dentro da cidade.

⚙ Configurar cookies
0.59446096420288