Lugo celebrará o 2050 aniversario da súa fundación con actividades culturais e divulgativas

LugoXa
O Concello e a Deputación impulsan un programa para achegar a historia da cidade á veciñanza e poñer en valor o seu patrimonio
BNG-diante-Museo-Lugo
11 Aug 2025

A Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo, en colaboración coa vicepresidencia da Deputación, organizará unha serie de actos para conmemorar o 2050 aniversario da fundación da cidade, considerada a máis antiga de Galicia e datada no ano 25 antes de Cristo.

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, xunto co tenente alcalde, Rubén Arroxo, e a deputada de Cultura, Iria Castro, anunciaron que ambas institucións traballan conxuntamente nun programa de actividades que permitirá achegar a historia de Lugo á cidadanía e afondar no coñecemento dos seus 2050 anos de traxectoria.

Ferreiro explicou que o obxectivo é poñer en valor o extraordinario patrimonio histórico lucense e avanzou que a programación, prevista para o último trimestre do ano, incluirá conferencias divulgativas sobre a historia da cidade, así como diversas propostas culturais no Museo Provincial e na rede museística dependente da área de Cultura.

⚙ Configurar cookies
0.43781495094299