Lugo compite con Bret Fernández polo título de Mellor Cociñeiro de Tapas de Galicia
Sete petiscos, sete cociñeiros e sete cidades. De Tapas por Galicia 2024 poñerá a competir a sete cociñeiros das principais cidades galegas nunha aposta de Turismo de Galicia pola promoción do turismo urbano aderezada pola súa oferta gastronómica. E entre eles estará Bret Fernández de Prebe by Bret que concursará representado Lugo cun Xurel Black Coupage.
A VIII Gala Show Cooking Mellor Cociñeiro de Tapas por Galicia terá lugar o 9 de xullo no Hotel Monumento San Francisco, en Santiago de Compostela. Unha cita organizada pola Xunta de Galicia e consolidada que vai xa pola súa oitava edición e que deixa patente a variedade e creatividade da gastronomía galega, mais enmarca tamén ditas experiencias en cidades atraentes e dinámicas cunha historia e cultura de seu.
Os sete cociñeiros que se disputarán o título foron galardoados nos certames de tapas de candasúa cidade. A ruta comeza en Santiago de Compostela o percorrido pola xeografía galega no sentido das agullas do reloxo ata finalizar en Pontevedra, destacando algúns dos seus principais recursos turísticos urbanos e culturais, xunto coa proposta de tapa representante de cada cidade.
“Xurelo Black Coupage” respecta a proximidade e responde ao concepto orixinal da tapa: para tapar o viño. É unha proposta servida nunha copa, elaborada con tomate e caviar de ponzu e tapada por un crocante de arroz con cervexa negra sobre o que vai un xurelo mariñado, pluma de cebola encurtida e alfábega thai. A todo iso hai que engadirlle dous prebes: xel de ponzu e maionesa de espiñas do xurelo.
As propostas das outras cidades Bret Fernández enfrontarase nos fogóns a Álvaro Pérez Blanco de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Manu Triay de Taberna Triay (A Coruña); Gabi Conde de Restaurante Portovello (Ourense), Kevin Carreño de Nikko Espacio Gastronómico (Vigo) e Daniel Carramal de Loaira Xantar (Pontevedra).