Lugo concéntrase este sábado a favor do pobo palestino

LugoXa
Lugo súmase este sábado aos máis de 85 municipios no Estado español esixindo o fin do comercio de armas con Israel e polo fin do xenocidio en Palestina, seguindo o chamamento da Rescop (Red Solidaria contra la Ocupación de Palestina).
manifestacion palestina lugo
manifestacion palestina lugo
19 Xan 2024

Lugo súmase este sábado aos máis de 85 municipios no Estado español esixindo o fin do comercio de armas con Israel e polo fin do xenocidio en Palestina, seguindo o chamamento da Rescop (Red Solidaria contra la Ocupación de Palestina). A cita será ás 12.00 horas na praza Maior, diante do concello.

"España compra moitas máis armas a Israel das que vende. Só nos últimos meses o Estado español comprou a Israel lanzacohetes, mísiles e outro material militar por valor 865 millóns de euros. Por iso, e en resposta á chamada palestina de poñerlle freo, máis de 375 organizacións de todo o Estado español lanzaron unha petición para esixir ao goberno que lle poña fin ao comercio de armas con Israel", explica o colectivo Lugo por Palestina.

Afirman que comprarlle armas ou tecnoloxía de seguridade a Israel "é comprar produtos que están construídos sobre flagrantes vulneracións de dereitos, é comprar inxustiza, discriminación e represión e deberiamos rexeitar a súa compra simplemente por imperativo moral, porque atenta contra a raíz mesma do noso sistema democrático e de dereito".

0.18567085266113