Lugo conmemora o Día Mundial da Síndrome de Down

LugoXa
A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, asistiu aos actos organizados por Down Lugo con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down, que se conmemora en todo o mundo o 21 de marzo.
dia_mundial_sindrome_down
21 Mar 2024

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, asistiu aos actos organizados por Down Lugo con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down, que se conmemora en todo o mundo o 21 de marzo. Esta acción reivindicativa tivo lugar na Praza Maior e consistiu nunha representación teatral e a posterior lectura do “Manifesto pola Promoción da Autonomía Persoal e a Inclusión Laboral”.

A subdelegada agradeceu todo o traballo que realiza a entidade no eido da orientación e inserción sociolaboral, así como a atención terapéutica, trasladando tamén o apoio do Goberno á inclusión e ás melloras sociais e sumándose ao lema “No camiño da inclusión, tod@s compartimos viaxe”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1823558807373