Lugo conmemora o Día Mundial das Enfermidades Raras

LugoXa
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada de membros da corporación municipal, participou este xoves nos actos con motivo do Día Mundial das Enfermidades Raras, promovidos pola Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (FEGEREC).
Día Mundial das Enfermidades Raras
1 Mar 2024

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada de membros da corporación municipal, participou este xoves nos actos con motivo do Día Mundial das Enfermidades Raras, promovidos pola Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (FEGEREC). Preto de 3 millóns de persoas conviven con algunha doenza deste tipo no noso país. “Estimase que existen máis de 7.000 enfermidades raras, das cales 6.172 están identificadas, pero queda moito traballo por facer”, apuntou a rexedora.

Porén, parte da sociedade non está ao tanto da existencia ou a gravidade deste tipo de enfermidades. “Por iso, visibilizalas, como hoxe estamos facendo aquí, axuda a aumentar a conciencia pública sobre estas condicións, o que sen dúbida conducirá a unha maior comprensión e empatía cara a quen as padece”, subliñou Alvarellos.

A rexedora recoñeceu que moitas enfermidades raras son difíciles de diagnosticar e tratar debido á falta de información, polo que se precisa “acadar recursos para investigación e desenvolvemento de medicamentos, o que pode acelerar o ritmo dos tratamentos e terapias para estas doenzas”. Neste senso, puxo en valor a Estratexia Nacional de Enfermidades Raras que está a levar a cabo o Goberno central.

0.096650838851929