Lugo conta novo programa de recollida de residuos orgánicos na praza de Abastos e no Mercado Municipal
O Goberno de Lugo poñerá en marcha un novo sistema de recollida de resíduos destinado aos negocios do sector da carnicería e peixería na praza de Abastos e no Mercado Municipal e que permitirá "realizar unha mellor xestión dos resíduos específicos destes dous sectores", sinala a concelleira de Participación e Servizos para a veciñanza, Cristina López.
López afirmou que esta medida se pon en marcha "avanzando para dar o mellor servizo posible á veciñanza, mentres garantimos un bo tratamento dos resíduos que se xeran nestas dúas instalacións". A concelleira de Participación agradeceu "a implicación" dos distintos negocios do Mercado e da Praza con este novo sistema de recollida de resíduos. Segundo Cristina López están a traballar para facer da Praza e do Mercado "lugares de referencia para o comercio local, poñendo novos servizos a disposición de toda a veciñanza para que decidan achegarse a estas instalacións a facer as súas compras".
O Mercado Municipal e a Praza de Abastos contan cunha importante programación de actividades para a promoción dos espazos e dos distintos negocios ubicados neles, desde obradoiros infantís para facilitar a conciliación familiar nas mañás dos sábados, ata distintos eventos como un festival de tatuaxes ou campionatos de futbolín e xadrez.