Lugo convértese en capital da loita este sábado coa celebración do campionato galego

LugoXa
O Pazo provincial de Deportes acolle os campionatos galegos de loita que se celebran por primeira vez en Lugo e reunirán a máis de 200 deportistas de 25 clubs de toda Galicia O Pazo provincial de Deportes de Lugo acolle este sábado, 17 de febreiro, os campionatos galegos de loita que se celebran por primeira vez en Lugo e reunirán a máis de 200 deportista.
presentacion_campionato_galego_de_loita_lugo
15 Feb 2024

O Pazo provincial de Deportes acolle os campionatos galegos de loita que se celebran por primeira vez en Lugo e reunirán a máis de 200 deportistas de 25 clubs de toda Galicia

O Pazo provincial de Deportes de Lugo acolle este sábado, 17 de febreiro, os campionatos galegos de loita que se celebran por primeira vez en Lugo e reunirán a máis de 200 deportista. A Federación Galega de Loitas Olímpicas e o Club de Loita Lugo organizan este evento que, por primeira vez, se celebra en Lugo.

O vicepresidente da Deputación de Lugo e deputado de deportes, Efrén Castro, participou na presentación desta cita e destacou a importancia de levar a cabo estas actividades “para dar visibilidade un deporte descoñecido para moito, pero tamén para apoiar ao deporte base, algo no que cremos dende a área que xestiono e que consideramos esencial para dar unha maior importancia á saúde da veciñanza”.

O concelleiro de Deportes, Jorge Bustos, destacou a relevancia da competición que tamén "será retransmitida en streaming, a través da plataforma Zenytsports, co que abriremos o evento e a cidade de Lugo aos afeccionados a estas tres disciplinas”. Catro tapices oficiais de loita atenderán aos deportistas de 25 clubs de toda Galicia que se achegarán a Lugo. “Os maiores talentos Galegos, daranse cita en Lugo o sábado 17 de Febreiro”, asegurou Bustos.

A xornada comezará en horario matinal, de 10.45 a 13.30 horas co Campionato Galego U13 e U17 de Loitas Olímpicas. Xa pola tarde celebraranse os campionatos de Sampo e Grappling e Gi, de 16.45 a 20 horas. “Animo a todas as persoas que o desexen a acudir a esta cita na que se van reunir os maiores talentos galegos destas prácticas deportivas e que dará acceso aos campionatos estatais”, explicou o vicepresidente.

O Colexio Galego de Árbitros, dirixirá a competición. Este colexio, destaca a nivel nacional pola cantidade de árbitros que ascenderon a nivel nacional e polo número de mulleres involucradas no arbitraxe. A seguinte gran cita, serán os campionatos de España de Grappling que terán lugar o 24 de febreiro en Xijón. En canto as Loitas Olímpicas, a súa próxima cita será en León no mes de marzo.

0.17082500457764