Lugo corre contra o cancro este sábado

Lugo celebra a V Marca Contra o Cancro, organizada a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) co patrocinio da Vicepresidencia provincial, este sábado. A praza da Horta do Seminario será o punto de saída de todas as competicións na que se inclúen diferentes idades e niveis.
A proba inclúe unha andaina para todas as idades ademais da carreira nas categorías Pitufos e pitufas, Sub 10, Sub 14 e adultos, que correrán 5 quilómetros. Trátase dunha iniciativa solidaria, organizada co obxectivo de recadar fondos para a loita contra esta doenza e financiar iniciativas que melloren a vida dos pacientes oncolóxicos e as súas familias.
O evento incide na importancia do deporte, da actividade física como parte dunha vida saudable. O prazo de inscrición está aberto a través da súa páxina web, https://lugocontraocancro.es/, cun prezo de 5 euros en categoría infantil e 10 euros para adultos. A AECC Lugo destinará o diñeiro recadado a proxectos asistenciais e de prevención que desenvolve a entidade e á investigación oncolóxica.