Lugo dirá adeus a un novo tapón urbanístico no barrio Feijóo
A área de Infraestruturas Urbanas do Concello de Lugo informou do inicio dos traballos de mellora da accesibilidade na unión do barrio Feijóo coa avenida da Coruña. Así o explicou o titular da área, Alexandre Penas, que resaltou que na zona “hai un muro que encolle o espazo dispoñible para as persoas, e produce mala imaxe”.
A concellería de Infraestruturas Urbanas executará o derrubamento do muro e ampliará a beirarrúa “gañando espazo para as persoas e eliminando o feísmo das rúas de Lugo”, afirmou Alexandre Penas.
O edil destacou a importancia desta actuación “que aínda que non supón un custo elevado para o Concello, mellorará o día a día de moitas persoas”, explicou Alexandre Penas, que engadiu "esta é unha intervención importante que nos permitirá continuar a mellorar o estado dos distintos barrios de Lugo".