Lugo dispón de 11.000 novas tarxetas cidadá

LugoXa
O Concello de Lugo vén de recibir 11.000 novas tarxetas cidadás, despois de que o suministro se vise afectado pola crise de semicondutores.
Tarxetas cidadás
30 Maio 2022

O Concello de Lugo recibiu hoxe 11.000 novas tarxetas cidadás, logo do retraso no subministro despois da crise dos semicondutores. Así o anunciou hoxe o tenente de alcalde, Rubén Arroxo, quen explicou que estar tarxetas atenderán á demanda derivada do cambio de liñas de bus “e das distintas campañas postas en marcha polo Goberno para animal á veciñanza a facer a Tarxeta Cidadá”.

Arroxo animou á veciñanza que aínda non ten a tarxeta cidadá a facela para "axilizar as paradas do bus e aforrar no prezo de cada viaxe". O Tenente Alcalde destacou que "Lugo ten o transporte máis barato das cidades galegas e o terceiro máis barato das capitais de provincia do estado".

Pagando con tarxeta cidadá, o prezo do billete ordinario pasa de 0.64€ a 0.45€, no caso de non ter dereito a bonificacións, ou a só 0.31€ no caso de persoas pensionistas, desempregadas, estudantes ou persoas con mobilidade reducida.

O prezo do transbordo tamén é inferior, pasando a valer 0.19€ sen bonificacións a só 0.10€ no caso do transporte bonificado, o que permite aforrar ata un 50% no prezo do transporte público.

Para obter a tarxeta cidadá, deberá cubrirse o formulario que se pode atopar na web do Concello, ou recollelo nas oficinas municipais do seminario, e pagar a taxa de 3,09€ nunha oficina de Abanca. Despois, deberá pedirse cita no 010 para retirar a tarxeta nas oficinas do Concello. A recarga do moedeiro será, como mínimo de 5€, cun máximo de 60€.

0.14090991020203