Lugo e outras catro cidades forman a Rede Hispania Romana
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, promove xunto a outras cinco cidades españolas a Rede Hispania Romana, unha alianza que nace co obxectivo de que os municipios con pasado romano traballen conxuntamente no impulso de destinos turísticos cunha oferta cultural baseada nese patrimonio.
A sinatura da acta fundacional organizouse na Feira Internacional de Turismo (Fitur), “como primeiro paso para axuntar esforzos entre administracións e contribuír a unha xestión máis sostible dos recursos”, explicou a rexedora. Nela participaron os concellos de Mérida, Málaga, Cartaxena, Segovia e Alcalá de Henares, cidades que acollen grandes símbolos da presenza romana en España como a Muralla romana de Lugo, o acueduto de Segovia, o Museo Nacional de Arte romano de Mérida, o anfiteatro de Cartaxena, a cidade romana de Complutum ou os vestixios malagueños.
Nesta rede, que axiña poderá ampliarse xa que existen máis municipios que amosaron o seu interese por participar, “Lugo xoga un importante papel como a cidade romana máis antiga de Galicia e unha das principais do noroeste peninsular, que posúe unha riqueza enorme que queremos que sexa un polo de atracción dun turismo cultural de calidade, orientado tamén a unha oferta desestacionalizada”, sostivo Lara Méndez.
O grupo fundacional comezará xa a traballar nun plan de acción coa finalidade de mellorar a oferta cultural, aumentar a promoción dos destinos no ámbito nacional e internacional, desenvolver novos produtos e captar novos mercados. Entre as liñas nas que se incidirá será a creación dun itinerario cultural sobre as vías romanas, accións de divulgación adaptadas ás novas tecnoloxías e máis acordes coas novas necesidades dos viaxeiros, a realización de exposicións itinerantes ou a formación de todos os axentes de valor.
“A colaboración respectuosa entre Administracións e con entidades sociais e empresariais é sempre unha chave para o éxito, pero neste intre é ademais fundamental para poder captar novos recursos europeos para transformar e impulsar proxectos tamén no campo do turismo”, incidiu a alcaldesa.
Estratexia de impulso do patrimonio
Esta rede vén a sumarse á estratexia da rexedora para poñer en valor toda a enorme riqueza romana da cidade, estratexia que inclúe ademais do coidado, protección, investigación e conservación do seu patrimonio - onde a consecución do Museo da Romanización segue a ser un dos obxectivos irrenunciables - a creación de redes de cooperación para situar á cidade no eixo central para a divulgación deste pasado, aceno de identidade, e que tamén ten no Arde Lvcvs unha ferramenta de primeiro orde para acadar este fin.
Nesta planificación inclúense, alén, os traballos que se están a impulsar desde o Eixo Atlántico, institución galaico luso na que Lara Méndez xa é vicepresidenta pero na que pasará a ocupar a presidencia no vindeiro mes de febreiro, para establecer un circuíto cultural romano que una o noroeste peninsular con Portugal. O obxectivo, no que tamén colabora a Consellería de Cultura, é establecer o segundo itinerario cultural, tralo Camiño de Santiago, máis importante do noroeste peninsular.Esta rede vén a sumarse á estratexia da rexedora para poñer en valor toda a enorme riqueza romana da cidade, estratexia que inclúe ademais do coidado, protección, investigación e conservación do seu patrimonio - onde a consecución do Museo da Romanización segue a ser un dos obxectivos irrenunciables - a creación de redes de cooperación para situar á cidade no eixo central para a divulgación deste pasado, aceno de identidade, e que tamén ten no Arde Lvcvs unha ferramenta de primeiro orde para acadar este fin.
Nesta planificación inclúense, alén, os traballos que se están a impulsar desde o Eixo Atlántico, institución galaico luso na que Lara Méndez xa é vicepresidenta pero na que pasará a ocupar a presidencia no vindeiro mes de febreiro, para establecer un circuíto cultural romano que una o noroeste peninsular con Portugal. O obxectivo, no que tamén colabora a Consellería de Cultura, é establecer o segundo itinerario cultural, tralo Camiño de Santiago, máis importante do noroeste peninsular.